GUERNICA.
Que tal?
No noso país vivimos non fai moitos anos unha guerra civil despois dun alzamento militar indigno que nos sumiu na máis escura das sombras durante décadas. Unha situación donde veciños/as, amigos/as e familiares viviron en constante conflito, unhas desas persoas vivían con medo e outras coa arrogancia de saberse gañadoras e posuídoras do poder.
Nesta liña, Picasso reflexou tal traxedia nun cadro (Guernica) que é considerada unha obra mestra da pintura contemporánea. E Kalandraka publica este fantástico libro como un berro de dor e rexeitamento da guerra. Nesta obra, podemos achegarnos a un artista xenial e así comprender mellor o contexto no que se vivía neste período de tempo.
48 páxinas moi desfrutables que nos agardan en librarías e bibliotecas.
Comentarios
Publicar un comentario