MANDALA. CARLOS LÓPEZ
Ola!
Vivir sen música ten que ser moi aburrido. Aquí non nos gusta e por iso vos propoñemos habitualmente discos que chaman a nosa atención. Hoxe é o turno de Mandala, o quinto traballo do baterista galego Carlos López, publicado en 2015. Doce cancións de jazz, gravadas con músicos europeos (Sanne Huijbreghts, Matt Adomeit ou Alistair Duncan) e galegos (como Xan Campos, Xavi Torres ou Virxilio da Silva), que percorren diferentes influencias de estilo como o freejazz, o hardbop ou o funk.
Se queredes saber do que falamos, aquí van un par de vídeos:
Pinchade aquí para ir á súa web.
Comentarios
Publicar un comentario