III ROMARÍA POP DAS LETRAS
Damos por rematada a programación das Letras Galegas 2024 coa actividade de culminación desta festividade, a realización da nosa xa coñecida ROMARÍA POP das LETRAS GALEGAS.
Estaba programada para o xoves 16 pero por mor do mal tempo tivemos que aprazala a este martes 28 de maio.
Que día tan fermoso vivimos, un día cheo de xogos, de arte, de letras, de natureza, de música, de cultura e literatura e este ano, cheo de Luísa Villalta, a escritora homenaxeada.
Así foi este día...
Dáse o inicio da romaría coa lectura do manifesto:
Na primeira quenda da mañá, o alumnado, porm ciclos, realizou diferentes obradoiros artísticos:
- Infantil: ecoapalabras, nomes con flores naturais.
- 1º e 2º EP: flores de papel.
- 3º A-B e 4º EP: maios e decorado de tarros con flores.
- 5º e 6º EP: arte co Peteiro.
Durante toda a xornada realizáronse lecturas continuadas de fragmentos de obras de Luísa Villalta.
Tamén houbo tempo de xogos tradicionais como a petanca e carreiras de sacos.
E na última parte da mañá, actuacións musicais por parte do alumnado.
Deixámosvos unha mostra deste día tan ledo e marabilloso coas seguintes fotos.
Para finalizar, cantamos e bailamos coa canción "Cruel Filosofía" de A Banda da loba que nos ensinou a mestra María de música.
E aquí unha mostra da gran foliada que vivimos, onde non faltaba a música e o baile tradicional galego!
Ata a próxima Romaría!
Comentarios
Publicar un comentario