VISITA DE SÉS!


O martes foi un día moi emocionante, recibimos a visita da gran SÉS! Unha gran artista e cantautora galega.

Na primeira hora da mañá, a rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria fixéronlle unha entrevista e estiveron conversando con ela na biblioteca do centro. Coñeceron máis sobre a súa persoa e sobre a súa música e ata desfrutaron dun pequeno concerto. Que sorte e que gozada poder escoitala en directo tan de preto!




Despois dun tempo firmando autógrafos, no patio do colexio xuntámonos para cantarlle a nosa versión da canción "E ti, só ti" que aprendéramos e cantáramos para o día da muller. 










Moitas gracias SÉS, pola visita, pola túa voz, pola túa música! 

Encantounos conocerte!

Comentarios

Entradas populares