VINTE NA PRAZA

 


Bo día!

Vinte é unha web tremenda! Preciosa! Cuns contidos interesantísimos que están agardando por nós. Que vos parece? Non vos apetece descubrila? 

En Vinte en ruta, podemos adentrarnos en diferentes rutas paisaxísticas e gastronómicas galegas da provincia da Coruña para gozar lentamente durante a fin de semana. En Vinte no patio, hai tempo e espazo para reportaxes sobre pantallas dixitais, sobre o uso da lingua en Galicia ou sobre a sociedade galega de fai 100 anos, tamén para xogar ao Trivial da cultura pop-ular galega, para coñecer as lecturas dun neofalante ou para coñecer ás persoas entrevistadas nas sobremesas virtuais do Café Derby. En Vinte na rede, cousiñas como influencers galegos/as, a intelixencia artificial, descubrir newsletters ou as boas compras online. E máis asuntos como Podcasts, Lugares güais e un espazo para todo o que ten que ver coa Creación.

Vinte é un lugar marabilloso que conforta como o propio fogar.



Pincha aquí para acceder á súa web.

Comentarios

Entradas populares