IRENE A PORTEIRA. Xulia Pisón e Óscar Losada

 



Como estades?

Hoxe toca un libro sobre Irene Gómez Basanta, unha coruñesa que xogou ao fútbol nos anos 20 do pasado século, o XX. Un canto ao empoderamento feminino, outro exemplo máis de que o feminismo é o único camiño para avanzar nesta sociedade desigual.

É un cómic único polo historia que relata, uns feitos reais que asombran ao lector unha maneira moi gozosa. Irene foi a primeira rapaza que rompeu as barreiras no fútbol ao se converter na porteira e capitá do equipo masculino coruñés ao que deu nome: o Irene F.C. As crónicas deportivas da época destácana  como boa porteira e sinalan que os penaltis sempre os lanzaba ela. 

Unha lectura marabillosa que vos espera en librarías e bibliotecas.

Ata a próxima!


Comentarios

Entradas populares