ARDEN. MONDRA



Ola! 

Artista, cantareiro e bailador. Mondra é un exemplo máis da boa saúde do panorama musical galego, que está sabendo xuntar ben a tradición coas novas tendencias para chegar a unha cantidade de público bastante numeroso.

Arden é o seu primeiro traballo discográfico, unha experiencia musical, visual e performativa que afonda na cultura popular galega. Unha mostra de folklore electrónico para a reflexión, cun aire vitalista, que reclama, celebra, coida e eleva a voz para ser escoitado. Este estilo, que se dá en chamar trad, está en auxe con nomes como Baiúca, Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Xosé Lois Romero e Aliboria, Caamaño e Ameixeiras, Lontreira (e outros/as) e tal auxe hai que aproveitalo para demostrar o que somos.

Mondra abre a porta a unha terra chea de liberdade, afectos e empoderamento. Queredes probalo? 

Aquí vos quedan un par de vídeos:



Ala!


Comentarios

Entradas populares