INFLUENCERS: MARÍA MACEIRAS maceiras_louro
FOTO: Óscar Corral para El País.
Boas!
Esta moza galega é unha estrela de TikTok... e non o é polos estúpidos e perigosos retos virais, senón por filmarse faenando ou concienciando sobre o coidado dos recursos mariños. É de Muros, ten vintetrés anos, foi nominada á lista dos 100 talentos xoves da fundación Basque Culinary Center e acaba de gañar o Premio Nacional de Gastronomía Talento Joven polo labor divulgativo respecto ao mar.
Vén de familia mariñeira, estudou un Ciclo Formativo de técnica en Atención a Personas en Situación de Dependencia en Santiago de Compostela, realizou cursos de Mariñeiro Pescador, Formación básica e Mariñeiro a pé, espera sacar no futuro o título de patrona de barco e, actualmente, está estudando o ciclo de Técnica de Auxiliar de Enfermería.
Comezou a traballar mariscando na ría de Noia, recollendo ameixa e berberecho, logo paso use á pesca con rede e nasa e leva cuatro ou cinco anos faenando como mariñeira.
A nós gústanos moito e esperamos contaxiarvos con este parecer.
Uns vídeos:
Pincha aquí para ir ao seu Instagram.
Comentarios
Publicar un comentario