DICÍMOLO NÓS! 5ª ENTREGA
Febreiro foi un mes cheo de cores, música, baile, festa, diversión, disfraz,... e por que disfraz? Porque celebramos o Entroido!! Que llo digan ao alumnado de 2º de Ed. Primaria, pois foi a elxs quen lles tocou nesta entrega do "Dicímolo nós!" buscar palabras relacionadas co entroido.
Cantos termos e vocábulos relacionados con esta festividade hai na nosa fala, historia e cultura galega! Así o demostra a palabra que escolleron, se queredes descubrila só tendes que ver na foto, que por certo, que traballo tan vistoso e orixinal fixeron!
Ademais, esta palabra este curso trouxo moita diversión e creatividade no día do festival do Entroido, a que si?
CHOQUEIRO foi a palabra escollida!!
Esas choqueiras e choqueiros tan orixinais que houbo o día da festa de Entroido e que podedes ver na páxina web do cole!
Moi prontiño contarémosvos máis coa 6ª entrega do "Dicímilo nós!" a cargo do alumnado de 1º de EP neste mes de marzo.
Comentarios
Publicar un comentario