8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!
Un ano máis saímos a manifestarnos pola igualdade, polo respecto, polos dereitos,... en definitiva, por elas, por todas as mulleres, para non esquecer o seu importante papel na sociedade.
Conmemoramos o 8M, o Día Internacional da Muller. Como xa vimos facendo os cursos pasados, realizamos unha manifestación, a nosa idea era ir ata o parque, pero mor do tempo tivemos que facelo no pavillón.
Alí xuntámonos todxs, e baixo o lema de "NON SOMOS FLOREIROS" comezou o acto o alumnado de 6º lendo un manifesto.
Despois cada curso foi ensinando a súa pancarta onde aparecía unha muller pioneira e ilustre que investigaran previamente na clase, así como tamén unha frase reivindicativa que elixiran para dicila en voz alta.
Comentarios
Publicar un comentario