MERENDOLA DE RODARI


 

Boas!

Resulta un feito moi honorable escribir dunha persoa como Gianni Rodari (1920-1980). Cantas citas del aparecen en cadernos de notas de mestres e mestras! Cantas ensinanzas nos agasallou querendo e sen querer! Cantas boas ideas a compartir cos demais! Cantos pensamentos de proveito! Canto talento a disposición dos outros! Canta sabiduría, en definitiva.

A súa visión sobre a escola, a infancia ou a lectura, sempre en relación a esa fantasía súa tan fermosa e persoal é un legado e unha herdanza impagable, de eterno agradecemento. Un home que sempre apostou pola flexibilidade en lugar de pola rixidez, pola imaxinación e non polo prosaísmo, pola inventiva e non pola estanquidade, pola esperanza, polo amor, pola maxia, pola igualdade, pola equidade, polo respeto, polo amabilidade, pola proposición, pola sedución, polo convite, pola sinceridade, pola honestidade, pola protección... e estas xa son moitas cousas... e todas boas!


Deixámosvos catro lecturas en galego de Rodari para diferentes idades. Non vos van fallar, seguro que non, Gianni nunca falla.












Comentarios

Entradas populares