INFLUENCERS: O NOVO NORMAL CORUÑA
Como vai iso?
Queremos ensinarvos hoxe un perfil de Instagram que está moi ben. Chámase O novo normal e ven a ser un lugar de encontro de moitas persoas que teñen cosas que contar. Xente anónima que relata historias vividas, xente que comparte feitos da súa vida, xente que nos agasallan con experiencias que les sucederon, xente do normal que anda entre nós cada día.
Neste espazo, a xente anónima deixa de selo por un instante e métese de cheo na nosa casa mentres lemos. Porque hai historias que merecen ser contadas aínda que non teñan sitio nas primeiras páxinas dos xornais nin tempo na programación da televisión.
En moitas ocasións é fácil caer na tentación de pensar que o mundo vai moi mal, cada vez peor, que non temos por diante un futuro amable que vivir, mas o certo é que segue habendo persoas que dá gusto coñecer e que aportan grandes doses de positividade. Parece que só nos chegan malas novas, a todas horas e, por iso, necesitamos encher as nosas vidas de historias e contos que nos axuden a pensar e a crer que temos un futuro bo.
É tempo de O novo normal. Pincha aquí para ir ao seu Instagram.
A ver se vos gusta...
Comentarios
Publicar un comentario