DICÍMOLO NÓS! 4ª ENTREGA
Pasado o mes de xaneiro, pensabades que non había 4ª entrega?
Claro que si!! Aproveitando o frío e a choiva dos meses de inverno, a temática que tocaba tiña que ser unha moi característica e representatitva de Galicia, do galego, como son... as palabras relacionadas coa choiva!
Foi o alumnado de 3º A e B, as/os que fixeron un traballo xenial e fermoso con todas esas palabras, dando a coñecer ese léxico arraigado á nosa lingua.
Velaquí tendes as fotos que o demostran!
Seguiremos amosándovos máis coa entrega deste mes, que lle toca o turno a 2º de primaria.
Ata pronto!
Comentarios
Publicar un comentario