A LIÑA

 

O alumnado de 6º de educación infantil vén de contar A Liña, unha fermosa historia que quixo compartir con todas nós no día da paz.


A sinxeleza deste conto fai aínda máis potente a mensaxe sobre a esperanza de que as persoas podan cambiar a historia, e da importancia da construción colectiva da liberdade para crearmos un mundo mellor e máis xusto.




A escritora Beatriz Doumerc e o ilustrador Ayax Barnes crearon A Liña e publicárono en 1975. Por desgraza, non pasou moito tempo ata que a ditadura militar arxentina censurouno e elas tiveron que marchar ao exilio. 

Aínda hoxe, os libros de Doumerc e Ayax continúan vixentes tanto polas súas mensaxes como polo que supoñen dentro da historia da literatura infantil.


Preme na imaxe para ver o vídeo











Comentarios

Entradas populares