APNEA. LONTREIRA



Ola!


Hoxe traemos o proxecto de Adriana Cores (Adri Coyote) e Héctor Rodríguez, un dúo de música en galego con raíces na Illa de Arousa e Moaña. Fanse chamar Lontreira (como a praia da súa illa), coñecéronse en Vigo e agora entrégannos 9 cancións e cinco poemas sobre bases electrónicas.


"Apnea" (2023) é un disco que lembra á electrónica dos anos oitenta, mais que se fusiona con ritmos latinoamericanos como a bachata, a cumbia ou o merengue e, obviamente, coas nosas raíces tradicionais galegas.


Se queredes botar unha ollada na súa páxina web, pinchade aquí.


Aquí tedes un exemplo do que fan:




Gustouvos? Ata a semana!

Comentarios

Entradas populares