A BOTELLA DE LENTELLAS. Leticia Barbadillo

 



Ola!

A botella de lentellas foi o gañador do XXXVIII Premio Merlín de literatura infantil que se publicou o outubro pasado. Un libro que rinde homenaxe ás avoas e que ensina a vivir coas ausencias inevitables das vidas. Ao mesmo tempo, descubre o poder da ficción e a importancia de crear historias e contar contos para pasar o día a día.

As lentellas son as legumes protagonistas, ao igual que un neno na procura de mellorar a relación que ten co seu pai. É esta unha historia familiar na que calquera lector se poderá ver reflexado.

Leticia Barbadillo escribe, Xiana Teimoy ilustra e nós lemos.

Que vos guste!

Comentarios

Entradas populares