PÍCACHE A CURIOSIDADE? María Canosa e Ro Ledesma
Que tal?
Hoxe, un libro. Un libro divulgativo para entender e facer un percorrido por moitos procesos ordinarios que nos rodean. Pícache a curiosidade? é ideal para crianzas de catro, cinco, seis e sete anos con ganas de aprender e que teñan curiosidade.
Como chega un libro a ser libro? De onde vén o queixo? De onde sae o cacao? A la sacámola dun animal? Como temos luz ao apretar un botón? A auga que sae da billa de onde chega? Descubrir a orixe das cousas é algo marabilloso que nos axuda a comprender o mundo no que vivimos. Un camiño que podemos transitar e gozar mentres o facemos.
Lédeo e contádenos se vos gustou.
Ata logo!
Comentarios
Publicar un comentario