DICÍMOLO NÓS! 3ª ENTREGA
Como estades? Ben ou regular?
Terceira e última entrega do ano deste proxecto que estamos desenvolvendo no curso. Tócalle o turno a 4º de educación primaria, tócalle aos valores e emocións e quedan niquelados nesta época de Nadal.
Decidimos conxuntamente profundizar nunha temática moi interesante e a rapazada trouxo das casas palabras ben interesantes, ben complexas e ben profundas. Pensamos que quedaría xenial representar en caixas de zapatos o que cada persoa entendera da súa palabra quedándonos unha especie de definición en imaxes dos termos. O resultado encantounos e fixemos este vídeo para amosárvolo.
Agardamos que vos mole!
Comentarios
Publicar un comentario