TROULA DE SAMAÍN!

O martes chegou esa data tan esperada pola cativada, a festa de Samaín! Que ganas había de lucir disfraz e de pasalo terriblemente divertido!

Realizamos diferentes obradoiros nos que todo o alumnado por equipos mesturados foi pasando por quendas ata completar os 4 obradoiros, este curso eran os seguintes: obradoiro de manualidade, obradoiro de decorado de cabazas, obradoiro de música e baile e obradoiro de xogos.

Velaquí as imaxes que demostran que ben o pasamos!



























Como remate final, despois de merendar e de estar xogando un pouco no patio, bailamos e cantamos todxs xuntxs o baile que nos preparara a gran María, a profe de música e o gran equipo directivo, as  profes Ceci (teacher), Helena e o profe Jose. Pero que baile máis molón!




Pasámolo xenial e a verdade que o tempo deixounos desfrutar deste gran día!

Ata o próximo Samaín 2024!







Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares