TRES LIBRAZOS, TRES!

 




Ola!

Tres libros diferentes hoxe para tres lecturas diferentes.

O da foto de arriba é Caixa de cartón, unha xoia da editorial OQO, cunhas ilustracións diferentes que se inspiran no clasicismo asiático e africano, que conta unha historia actual que, por desgraza sucede a diario a unha parte do mundo. Un libro duro pero necesario, pois as miserias humanas non son só para quen lles toca vivilas, as persoas que "temos sorte" debemos coñecelas, denuncialas e loitar para que esa situación cambie.





Monstr3s, de Laura Parrula e Óscar Villán é un libro sobre os medos que a modo de kamishibai nos vai relaxando para entender como naturais estas cousiñas. Teatralmente, hai un neno, unha cama e unhas criaturas que viven embaixo e que non se coñecen e a acción vaise desenvolvendo de maneira emocionante e divertida.

Ten moitas posibilidades para representar na aula ou na clase.





E, por último, o Premio Ciudad de Orihuela 2017 de Poesía para Niños y Niñas. Cara de velocidade é xenial, un refuxio ante o mundo, un berro de liberdade, con golpes de humor, un mito de fortaleza e de esperanza, un afrontamento dos problemas e das dificultades, con influencias da música contemporánea...

É a conquista do espazo e o tempo por parte da infancia, un novo tempo para a fantasía e a imaxinación.

Kalandraka aposta aquí por unha poesía urbana marabillosa, feminista e vitalista e, como é habitual, gaña.




Ata logo!

Comentarios

Entradas populares