O SOUTO EN NEGRO


O pasado venres conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de Novembro. 

Foi un día cheo de reivindicacións, de manifestos, de loita, de igualdade, de memoria e recordo polas que non están,... e como o transmitimos? A través da xuntanza, da forza, da unión, das nosas voces, das palabras, do canto, da música, do baile, da dramatización, ... con mil linguaxes dicimos ese e todos os días  NON Á VOLENCIA DE XÉNERO!

Viñemos todxs vestidos de cor negra e gardamos un minuto de silencio polas vítimas. Xuntámonos no comedor onde a rapazada de 6º de primaria, despois de facer unha investigación sobre a desigualdade de xénero na sociedade, leu un  manifesto expoñendo os datos recollidos.


A continuación tivemos varias actuacións musicais por parte da rapazada do cole, pero que pedazo de artistazxs temos!
Tamén outras actuacións organizadas pola nosa gran mestra de música, outra artistaza!










Ata aquí a primeira parte. 
Logo, fomos merendar. Á volta do patio, xuntámonos fóra para seguir coa 2ª parte e  seguimos con moita música e baile.

A rapazada de 5º de primaria representou o conto "Cuando las niñas vuelan alto", que ben o fixeron e que fermoso!


Actuacións musicais... non hai máis que artistas neste cole!




Entre actuación e actuación, íamos dicindo frases que escollemos en cada clase sobre a eliminación da violencia de xénero.


Podedes ver os vídeos das actuacións na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgonzalotorrentecambre/

Un día de xuntanza, unindo forzas para conseguir a eliminación da violencia contra a muller! E aí as nosas pulseiras moradas que levamos para á casa!









Comentarios

Entradas populares