O QUE NOS QUEDA POR NON DICIR. CHICHARRÓN

 



Ola!

A honestidade desta banda de aquí do lado, de Carballo, é algo que se agradece moito nos tempos que corren. E tamén que leven todos estes anos empregando a nosa lingua como canle comunicativa. E que sigan tendo ganas de contarnos novas historias. E que sigan existindo cando a audiencia é minoritaria en comparación a outras bandas. Grazas, polo tanto.

Este disco, cun título que fai pensar tanto, parte da cita da grandísima poeta e profesora Ida Vitale, que di "Y canta, luego, si puedes, si nadie escucha, lo que te queda por no decir"

En palabras da banda, "o que nos queda por non dicir é o noso sexto traballo, no que queremos transmitir a ilusión dun novo comezo despois de dez anos de vida. É o noso disco máis lofi, unha reflexión sobre a felicidade en distintas formas que tenta reflectir a inxenuidade que aínda non perdemos en todo este tempo". 

Alberto M. Vecino (voz e guitarra eléctrica), Mara Pérez García (voz e percusión), Rosalía Fernández Rial (acordeóns) e Matías Unruh (arranxos) fan pop galego e aquí unha mostra:




Se pinchades aquí, ideas ao seu Bandcamp.



Comentarios

Entradas populares