DICÍMOLO NÓS!

Comezamos coa nosa sección lingüística de "Dicímolo nós", inspirándonos no concurso da coñecida presentadora Esther Estévez.

No mes de outubro estreouse a rapazada de 6º de E. Primaria. Coa colaboración das súas familias e da implicación do mestre Rubén trouxeron unha serie de palabras sobre unha temática moi ligada ao mes de outubro e á estación do outono. De entre todas elas saíu seleccionada a máis votada, que está exposta nun corredor do colexio, pero para descubrila... que tal un xogo de adiviña?

Velaquí un vídeo que fixeron dándovos algunha pista... animádevos a adiviñala e a escribila en comentarios!


Comentarios

Entradas populares