DICÍMOLO NÓS! 2ª ENTREGA

Imos coa 2ª participación no "Dicímolo nós!" 

Neste caso foi a rapazada de 5º de E. Primaria, entre varias palabras que trouxeron pensadas da casa saíu unha elixida, que, como no caso anterior de 6º, fan un xogo de adiviña deixándonos este fermoso vídeo. 

Non vos queixedes! No vídeo dan unha pista moi boa, din con que temática está relacionada, pois este mes de novembro o día 20 é un día especial.

Estade ben atentos e cos ollos ben abertos, porque non só será necesario escoitar, senón observar con detalle.

Animádevos a participar dicindo a palabra en comentarios!





Comentarios

Entradas populares