ROIBÉN, O NOVO DISCO DE GUADI GALEGO

 



Boas!

Extra! Extra! Novo disco de Guadi Galego á vista! 

Despois de Inmersión (2019) e Costuras (2020), os seus últimos dous discos, chega este espléndido "Roibén" (2023), un traballo que nace das contradicións humanas, moi persoal, música experimental, arriscada, de transición, con cancións envolventes sobre o amor, a dor, á fortuna, o consolo, a admiración e os cambios na alma.

É un álbum cheo de poesía, como a de Xohana Torres e Antía Otero, de evidente fermosura, con letras sinceras, innovador na execución e amable nas formas, cunha electrónica que cada vez se fai más presente nos sons desta artista de Cedeira.

Roibén é un termo que se refire á luz vermella que tingue as nubes cos primeiros e últimos raios de luz do día. Esa situación tan bonita que agora ten unha música para acompañar o impacto visual.


Déixovos un vídeo:




Que vos guste!



Comentarios

Entradas populares