E VEÑA FESTA!!...TOCOU O MAGOSTO!
O pasado mércores 11 celebramos un atípico Magosto no cole, pois as temperaturas non eran as apropiadas para un mes de outubro, pero puidemos desfrutar dunha xornada festiva!
Durante as primeiras horas da mañá realizamos, por cursos e niveis, as nosas obras de arte creadas con elementos naturais que previamente a cativada trouxera da casa, unha técnica artística denominada "Land Art".
Mirade que chuladas fixeron!
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
1º EP
2º EP
3ºA / 3º B EP
4º EP
5º EP
6º EP
Máis tarde, tocou tempo de comedela, de papar as castañas asadas, que por certo, eran ben grandes e estaban moi ricas! Moitas gracias á ANPA polo seu traballo e colaboración.
Non todo era comer, tamén houbo moita música e baile gracias á Asociación Recreativa Cultural "Aires de Sigrás", que un ano máis lles temos que agradecer a súa participación e colaboración, e, como non, tamén ao alumnado, a esxs artistas da música e do baile! Moitas grazas por encher o noso cole de cultura e tradición galega!
Ademais de festa rachada, tamén houbo xogos tradicionais no pavillón que nos preparou o profe Romu, gracias!
Comentarios
Publicar un comentario