NON TRABES NA LINGUA. Antón Cortizas Amado
Ola, caracola!
Antón Cortizas, o autor deste libro, é un valor seguro. Por que? Pois porque é profesor! E porque lle choven os recoñecementos polo seu labor en favor da literatura infantil desde fai moitos anos.
Aquí, en Non trabes na lingua, deixa claro que a lingua hai que coidala (e o galego cada vez máis!) para non trabarlle, pois é un ben de valor incalculable na nosa cultura... o maior ben, mellor dito. Este é un agasallo enorme deste ferrolán e fáinolo da mellor forma que sabe, xogando coas palabras para conquistarnos o corazón.
Seredes capaces de non trabar na lingua?
Comentarios
Publicar un comentario