DEZ PRAIAS MOI GUAIS DE GALICIA QUE NUNCA SAEN NAS LISTAS DAS MÁIS GUAIS DE GALICIA
Bo día!
Que bonito é ir á praia! E vaia praias que temos en Galicia! Que variedade e que beleza (como diría Tim Maia)!
É habitual ver listas das mellores praias de Galicia, en xornais, blogs, páxinas web, folletos de turismo, revistas de viaxes, etc. O malo destes artigos en todos estes medios é que case sempre aparecen as mesmas praias e o certo é que saen praias guais, mais xa as coñecemos... e queremos máis! Queremos outras!
Desde aquí tentaremos aportar opcións alternativas e agardamos que vos gusten.
PRAIA DE PEIZÁS (FOZ)
PRAIA DE RUETA (CERVO)
Unha praia con pouca xente, tranquila e con esa antiga ponte ao lado.
PRAIA DE ESTEIRO (XOVE)
PRAIA DA ABRELA (O VICEDO)
PRAIA DE CANAVAL (OLEIROS)
Pequeniña, transmite calma e en marea baixa pode ser paradisíaca.
PRAIA DE NIÑÓNS (PONTECESO)
PRAIA DE LAGO (CAMARIÑAS)
PRAIA DE GURES (DUMBRÍA)
Unha xoia moi ben gardada nun entorno incomparable.
PRAIA DE AREA TRIGA (MUROS)
PRAIA LONTREIRA (A ILLA DE AROUSA)
PRAIA DE AREA GRANDE (O GROVE)
Con bastante fauna, ampla, cómoda e boa para deportes náuticos tranquilos.
PRAIA DE MELIDE (CANGAS)
Vistas de cine nun areal no medio dun monte. Incomparable!
PRAIA A LAMIÑA (A GUARDA)
Alí onde o río Miño e o océano Atlántico se abrazan.
PRAIA DOS FRANCESES (A VEIGA)
Non é mar pero paréceo. Praia de interior marabillosa.
E, agora, como este blog non ten moitas persoas que o lean, sabemos que podemos gardar estas praias en segredo... para que non se enchan de xente.
Chao!
Comentarios
Publicar un comentario