INFLUENCERS: GALICIA TIPOGRÁFICA

 



Bo día!

Hoxe, nesta sección de Influencers, traémosvos un perfil de Instagram que nos parece unha chulada. Falamos de galiciatipografica, que son fotografías para a memoria gráfica galega, un percorrido tipográfico por Galicia a través de rótulos e letreiros senlleiros, orixinais ou antigos. 

Ten 6642 seguidores e parécennos ben poucos para o chulo que está... mais así funciona este mundo de internet e da cultura de masas... as maiorías non sempre van a onde deberían ir...

En Galicia, nas rúas, vemos cada día un patrimonio gráfico que moitas veces non se valora pero que é dunha riqueza abraiante, pois, ademais que desde o punto de vista estético son moi interesantes, teñen un compoñente de aprecio histórico mol sutil... como se entrase no noso cerebro sen ser moi conscientes dese saber.

Podedes fuchicar e seguilos aquí.





Comentarios

Entradas populares