DESCUBRE A COSTA DA MORTE DA MAN DE LOIS PATIÑO
Bo día!
Hoxe recomendamos un filme aos maiores (sobre todo), un documental dun director galego chamado Lois Patiño. Trátase de "Costa da Morte" (2013), unha marabilla con máis de trece premios internacionais en festivais do circuito alternativo como o de Locarno.
Non é unha peli doada de ver, mais tampouco difícil, só hai que sentarse e deixarse levar pola fermosura das imaxes e o revelador dos diálogos.
Este documental deixa ver moi ben a relación dun pobo co seu territorio. A frase de Castelao que o presenta serve de perfecta sinopse: "Nun entrar do home na paisaxe e da paisaxe no home creouse a vida eterna de Galiza".
É unha fusión entre historia e lenda, un concepto cunha fina e indeterminada liña imaxinaria que deleita ao que xa coñece Galicia e asombra ao que a descubre por primeira vez.
E para rematar, deixámosvos cunhas palabras do propio director e co trailer:
Comentarios
Publicar un comentario