A CAIXA E A CHAVE. MEL

 




Como vai iso?

Jazz, folklore, electrónica, neoclasica e música experimental son os ingredientes que hai neste prato especial que se chama Mel, un proxecto galego-portugués composto por Sandra Pérez e Lucas Centi (da banda Néboa) e Femme Falafel.

Atopamos versións do pianista Brad Mehldau, fragmentos de arias de J.S. Bach, sampleos de Four Tet, Whitney Houston, James Blake ou Massive Attack... todo condimentado con modernidade, con vangarda, con galeguidade, con amor, con paixón, con sinxeleza, con elegancia, con delicadeza...

Ala! A escoitalo no seu bandcamp pinchando aquí. E a ver este vídeo... se queredes!




Chao!







Comentarios

Entradas populares