OS DEREITOS DA INFANCIA. OLLO! NON ESQUECER!
Ola!
O termo infancia vén do latín infantia, que significa "incapacidade para falar", facendo referencia á fase temperá desta etapa na que a/o nena/o non ten a capacidade para falar, mais tamén ao feito de que antigamente se consideraba que só as/os adultas/os podían falar en público.
Enlazando con isto, na clase de 3º EP estivemos elaborando ao final do segundo trimestre un vídeo reivindicativo sobre a infancia en xeral e, máis concretamente, sobre os dereitos que teñen as/os nenas/os e que moitas veces esquecemos... ou o que é mais grave, incumprimos como sociedade.
Poucas cousas hai máis importantes neste mundo que a infancia, coa súa constante capacidade para o asombro, a súa honesta inocencia, a súa maxia inquebrantable, a imaxinación desbordante, a naturalidade a proba de bombas, esa espontaneidade que a veces tanto intimida, a flexibilidade de argumentos e opinións, o seu maduro sentido democrático, a súa honestidade incorruptible ou o seu sentimento de xustiza que equilibra as realidades que viven.
Se algo hai que coidar, iso é a infancia e, como sociedade, estamos a suspender esta materia. Temos que reflexionar, analizar e mudar os malos hábitos, actitudes, pensamentos e accións para construír o mundo que se merecen.
Que vos guste moito!

.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario