O TORRENTE BALLESTER CO AUTISMO!
Co motivo de que o 2 de abril foi o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, a pasada semana estivemos coñecendo un pouco máis sobre as persoas con trastorno do espectro autista (TEA). O equipo de orientación do noso cole (orientador, mestres especialistas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe) organizaron unha charlas de sensibilización en cada aula.
Como remate desa semana de concienciación sobre este trastorno, xuntámonos todo o cole para representar no patio o símbolo do autismo, un infinito de cores, e cantar a canción "Azul del corazón" con lingua de signos.
Que bonito xuntarnos para seguir concienciándonos de que as diferencias suman!
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario