LEROUCHIÑO MANDA MENSAXE!

 

O mes de maio é mes das letras, e iso o sabe a nosa  mascota da biblioteca Lerouchiño. 

Por iso, coa aproximación da festividade do Día das Letras Galegas, Lerouchiño mandounos o xoves unha carta sorpresa, na que nos dicía que tiñamos que baixar o venres á biblioteca, cada clase na súa quenda, porque nos deixara unha primeira actividade.

Cando chegamos alí había 3 tarxetas por niveis, nas que nos facía preguntas que tiñamos que resolver sobre a celebración do Día das Letras Galegas.

 

Tamén nos dicía, que tiñamos ata o martes para contestar, porque o martes volveriamos ir á bilioteca e se estaban correctas daríanos unha sopresa!

Que será?

Xa vos iremos contando... 








 

Comentarios

Entradas populares