INFLUENCERS: ISAAC DÍAZ PARDO




Boas!

ISAAC DÍAZ PARDO. Si, en maiúsculas... e porque non hai letras máis grandes aínda... porque serían as que lle corresponderían pola inmensidade da súa figura humana, social e cultural.

Este home, pequeno en tamaño e enorme en corazón e talento, foi (é) unha das grandes figuras do galeguismo no mundo, figura clave para entender a cultura galega contemporánea e recuperador inesgotable da memoria histórica galega a través das súas empresas.

Era unha persoa dunha sinxeleza que asustaba, cunha claridade mental impresionante, tan lúcido que provocaba a reflexión no oínte con cada proposta, brillante intelectualmente, dunha bondade incorruptible, coherente, honesto, confiado, amable, valente, moderno, innovador, visionario, humilde, traballador, comunitario, tecedor da vida social galega, estudoso, culto... e así ata o infinito!
 
Isaac é para nós un influencer eterno, para sempre e desde sempre. E cremos que tamén debería selo para vós, pois se todas as persoas se pareceran UN POUCO a el, a sociedade sería MOITO mellor.


 
Unha boa maneira de coñecelo é ver este vídeo, As miradas de Isaac (2020), unha videoinstalación feita por Cecilia Díaz Betz (unha das súas netas) e Jordi Cussó:



Ata outra!

 

Comentarios

Entradas populares