DESDE 1880, UN AVISO REALISTA

 




Que tal? Todo ben?

Desde 1880 é un libro xenial, como non podía ser doctor xeito para un Premio Compostela, o XIII concretamente. Unha vez máis, a editorial Kalandraka volve acertar con esta obra de Pietro Gottuso que nos reclama a atención cunha triste realidade a contar.

É unha narración gráfica (sin texto) mol vistosa, unha premonición incómoda de asumir para os amantes das librarías, un aviso a navegantes, unha circunstancia triste que anuncia otra futura (ou máis ben presente), un presaxio para reaccionar, un presentimento nostálxico, un berro contra os novos tempos... unha táboa de salvación nun mar axitado.

As ilustraciós son acrílicos sobre madeira cun detallismo excepcional e con moito rigor histórico, froito dun gran trabajo de documentación.

Unha imaxe fixa pola que van pasando os anos e as décadas, un escenario urbano a xeito teatral cunha libraría como protagonista. Libros nun escaparate e unha sociedade que cada vez está menos interesada na lectura e iso é unha pena mírese por donde se mire.



Se queredes ter máis información, pinchade aquí.



Chao! E lede! Por favor!

Comentarios

Entradas populares