COMPROBAMOS E... RESPOSTAS CORRECTAS!



Acordádesvos que o venres Lerouchiño, a nosa mascota da biblioteca, mandounos investigar e contestar a 3 preguntas relacionadas coa celebración do día das Letras Galegas?

Onte, martes, tocaba volver á Biblioteca para comprobar se as respostas que fixéramos estaban correctas e así poder descubrir a sorpresa.

Todo o alumnado baixou por quendas á biblioteca para comprobar as súas respostas, pero..., como fixeron a comprobación? Pois, cos códigos QR que nos deixara Lerouchiño nas preguntas da tarxeta. Copiámolos nun lector de código QR que había no ordenador e que se proxectaba na pantalla e alí aparecían uns enlaces a páxinas web con información sobre as preguntas. 




Así, cada clase ía comprobando e corrixindo as súas respostas. Tamén, Lerouchiño, deixounos un selo de Bufo para estampar como icona de "Proba Superada"!!

O alumnado de infantil, podía escoller se levar tamén o selo estampado nas súas mans, a modo de tatuaxe... e por suposto que quixeron!




Por fin, todos descubrimos cal era a sorpresa que nos ía dar Lerouchiño! Estaba enriba da mesa... había un debuxo grande que se parecía a unha foto de Francisco Fernández Del Riego e varios sobres... que será?




Sii!!  É un álbum de cromos sobre a vida e obra do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Francisco Fernández Del Riego. Un álbum para cada alumna/o que terán que completar.

Máis adiante contarémosvos con detalle!

 


Comentarios

Entradas populares