ÁLBUM COMPLETADO!



Tal e como vos contamos, aquí vos deixamos algunha foto da actividade sobre o ÁLBUM de Francisco Fernández del Riego.


Iniciamos a actividade comezando coa busca de compañeiras e compañeiros para o intercambio de cromos...







Tiñamos desde o martes 9 ata o luns 15 para completar o álbum. 
O luns, baixamos á biblioteca por quendas, porque Lerouchiño tiña un agasallo-sorpresa para quen o tiña completado...


E... mirade que agasallo! Unhas fantásticas lentes semellantes ás do escritor homenaxeado!







Como molou a actividade! Moi entretida e divertida, á vez que aprendimos moito sobre a vida e obra deste escritor!

Ah!! E por se fora pouco, como outra actividade máis nesta semana de celebración das Letras Galegas, organizamos diante da biblioteca, un photocall voluntario, onde poder recrear unha foto de Francisco Fernández del Riego.



O resultado das fotos do alumnado, prontiño volas ensinaremos!








Comentarios

Entradas populares