PRESENTACIÓN DA MASCOTA DA BIBLIOTECA
Hoxe, por fin coñecemos a mascota da nosa biblio!
Presentámosvos a LEROUCHIÑO! Unha obra creada polo noso compañeiro Nuno de 3º de primaria.
Que chulada de debuxo!
Contámosvos desde o comezo...
Resulta que este ano queríamoslle dar un aire novo á nosa biblioteca de centro, entre as cousas pensadas estaba crear unha mascota, e por suposto creada polo propio alumnado. Así foi, cada alumna e alumno creou a súa mascota coa técnica do debuxo. Eses debuxos foron expostos durante un tempo nas escaleiras da entrada. A través dunha votación, o alumnado elixiu o que máis lle gustaba, que foi esta gran obra de Nuno, conseguindo 11 votos. Pero tamén houbo 2 finalistas máis, no 3º lugar a nosa compañeira de 3º primaria Alicia, con 8 votos, e en 2º lugar, a nosa compañeira Irene de 3º, con 9 votos. Uns artistazos e artistazas!
Por iso, hoxe, reunímonos no patio cuberto para coñecer o debuxo elixido, e polo tanto, a nosa mascota, así como facer a entrega de agasallos para os finalistas.
Despois, o alumnado de 6º de primaria cantounos con linguaxe de signos a canción "Imos contar un conto" de Pablo Díaz, e tamén levamos unhas chapas de Lerouchiño.
Así que... se oídes falar de Lerouchiño, xa sabedes quen é, a nosa mascota da biblio, que nos seguirá descubrindo o máxico mundo dos libros e mergullando na aventura de ler!
Comentarios
Publicar un comentario