DICIONARIO GTB: TRACHINUS DRACO




Boas!

Como se chaman eses peixes que pican para defenderse cando está a marea baixa? 

PEIXE ESCORPIÓN é o seu nome máis común, hai persoas que lle chaman PEIXE ARAÑA, outras de por aquí, máis cerca, chámanlle FANECA BRAVA ou ESCARAPOTE. Tamén hai outros nomes como SABIRÓN e SALVARIO e incluso ARIEGO.

A súa talla media é de 30cm, é alongado e comprimido e ten unha espiña velenosa dirixida hacia atrás. En caso de pinchazo, de inoculación, provoca síntomas como vómitos, dor, febre, insuficiencia respiratoria e incluso convulsións. A dor exténdese moi rápido, alcanza o seu grao máximo á media hora e pode durar entre dúas e vintecatro horas.

Moito olliño cando nos metemos no mar con marea baixa e estado revolto porque é probable que anden pola area. 

En caso de que pique, hai un método infalible para que esa dor cese. Sumerxir o pé ou a parte do corpo afectada en auga quente (sobre 45º) durante 30 ou 45 minutos.

Comentarios

Entradas populares