A CARTA ABERTA DE ANTÍA MUÍÑO
Que tal?
Carta aberta é o disco de debut da artista Antía Muíño, un traballo que a colocará seguramente como voz destacada do cancioneiro galego na actualidade. Esta moza bebe de influencias diversas como a canción de autor, o jazz vocal e a música tradicional galega.
Cando escoitamos á compostelana de trinta anos, véñensenos á cabeza outras artistas como Norah Jones, Silvia Pérez Cruz, Fiona Apple ou Luz Casal.
Encontramos neste disco once fermosas cancións, unhas compostas por ela mesma e outras, versións de coplas xa coñecidas, que lle valeron para gañar o Premio Martín Códax á Mellor Artista Emerxente.
É un pracer e un gustazo poder gozar de todo o seu talento creativo logo de vela colaborar (e intuír todo o bo que ten) con bandas xa coñecidas deste blog como Baiuca, Néboa ou Xabier Díaz.
Deixámosvos cun par de temas de Antía. Que vos aproveiten!
Comentarios
Publicar un comentario