INFLUENCERS: MARÍA FONTÁN É A MARISCADORA 2.0


 

Como vai? Ben?

Querémosvos presentar hoxe a María Fontán, unha moza galega que faena no mar e nas redes dixitais. False chamar na súa bitácora Mariscador 2.0 e tennos conquistados coa maneira que ten de comunicar e de transmitir. Ten arredor de 3000 seguidores, xente dabondo para tentar construír unha sociedade mellor... porque esta si que contribúe a facernos mellores persoas.

Ela amosa tanto a parte boa como a non tan boa do seu afanoso oficio na Ría de Arousa. Sembras, resembras, limpeza de algas, ir ao abono... en definitiva, un traballo colectivo e en compaña que merece ser posto en valor.

Esta grovense visibiliza unha tarefa moi dura e moi bonita á vez. Leva a cabo unha tarefa divulgativa fermosísima que é o froito dun proceso de reflexión completísimo. Foi a sua paixón pola fotografía a que fixo que se decidise a dar o paso á interacción cos usuarios e usuarias de internet. Sube contidos á rede diariamente e nós podemos velos e gozar con eles. 

Pouco mais que dicir... explorádea e aprendede dela. 


Pinchade aquí para ver o seu perfil de Instagram e nel atopar marabillosos vídeos. Pegádevos un paseo ben xeitoso polo seu mundo que non vos habedes arrepentir.

Comentarios

Entradas populares