EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA AS AUGAS COSTEIRAS NO MUNDO

  


 

Estas semanas houbo na escola unha exposición fotográfica sobre as augas costeiras organizada, comisariada e guiada polo alumnado de 3º de educación primaria. 

Tratouse dunha tarefa de análise e investigación dentro das áreas de ciencias naturais, ciencias sociais, lingua galega e plástica onde a rapazada se encargou de afondar nas diferentes paisaxes de costa dos diferentes continentes. Atopamos na expo imaxes (cos seus pés de foto correspondentes) tomadas desde as superficies e desde os fondos mariños de Europa, África, América do norte, América do sur, A Antártida, Asia e Oceanía. 

Tendo o mar e os océanos como eixo vertebrador, podemos ver tamén a fauna propia de cada lugar, ao igual que a vexetación, a diferencia de cores das paisaxes,etc.

Cada clase puido gozar dunha visita libre de 30 minutos coa presentación, guía elemental e consulta e aclaración de dúbidas por parte das mozas e mozos de 3º.

Agardamos que fora do voso agrado e que aprendérades moito. 

 








Comentarios

Entradas populares