CELEBRAMOS A ROSALÍA DE CASTRO

 



Bo día lectoras/es!

Desta maneira que vedes na foto nos quedou o descansiño das escaleiras noroeste do edificio. Quedou bonito, verdade?

Para celebrar o Día de Rosalía, decidimos no centro levar a cabo dúas actividades onde participaron todos os niveis. 

A primeira foi que cada nena/o debuxara a sua bolboreta con versos, palabras e outra información da poeta galega para arrodear o seu fermoso retrato. É o noso xeito de homenaxear a un marabilloso universo literario que nos quedou en herdanza.

Na segunda, tratábase de pintar e escribir desexos e ideas do alumnado en modelos predeseñados desa flor que é o pensamento, facendo así un xogo metafórico entre a imaxe concreta e o concepto abstracto. Ditas flores foron plantadas en testos para deixalos medrar.


Desde a escola queremos pór en valor a figura de Rosalía de Castro, figura que todas as persoas coñecemos pola súa importancia galega, española e internacional, mais cremos que pode estar envolta por certo aire de antigüidade e clasicismo que non lle fai xustiza. Rosalía segué sendo moderna a día de hoxe, polas temáticas que trata (a melancolía, a loita entre centralidade e periferias, o feminismo, o empoderamento da muller, a identidade, a galeguidade, os direitos das persoas, as respostas ante os abusadores...) e pola sua enorme valentía para afrontalas e para vivir con moita coherencia.


Para rematar, deixámosvos cunhas verbas dela alongadas das mais habituais:

Non hai sitiño

que máis me agrade

que aquel muíño

dos castañares,

donde hai meniñas,

donde hai rapaces

que ricamente

saben loitare;

donde rechinan

hasta cansarse

mozos e vellos,

nenos e grandes,

enanque non queren

que aló me baixe,

sin que o soupera 

na casa naide (...).

Comentarios

Entradas populares