8M - DÍA DA MULLER


 

Boas!

Hoxe celebramos na escola o Día da Muller e fixemos dúas actividades ben bonitas. 

A primeira, consistiu, como sabedes, en pensar unha muller importante nas nosas vidas para crear un mural, a modo de orladura, que colocamos nas paredes dos corredores de infantil e primaria, en homenaxe a elas.

Así de bonitas locen no noso colexio.





A segunda foi verbalizar e ilustrar mensaxes feministas en prol da igualdade real a través de sinais de tráfico que nos serviron de metáfora ideal xa que acabábamos de facer un proxecto de educación vial. As sináis de tráfico feministas servíronnos para levar na manifestación con todo o alumnado e profesorado ata o parque do lado do cole. Unha vez alí, fixemos libremente proclamas, cánticos, expresamos desexos e vontades para construír unha sociedade mellor.

Hoxe berramos, berramos ben alto.


TEMOS QUE VISIBILIZAR ESTA LOITA E FACELA DE TODAS/OS. TRÁTASE DUN ASUNTO DE RESPONSABILIDADE COLECTIVA.

PARABÉNS A TODAS AS MULLERES E GRAZAS POR EXISTIR.



*Na web do cole tedes unha reportaxe fotográfica máis ampla.



















Comentarios

Entradas populares