PAPAROTA DE ENTROIDO
Boas!
O pasado mércores 15 de febreiro a ANPA agasoullonos cunha marabillosa paparota de Entroido e nós gozámola como non está escrito. Moitas grazas!
Unha vez máis neste curso, a meteoroloxía respetounos e o sol deixouse notar moito, cunha temperatura fantástica para comer fóra. Orellas, rosquiñas e filloas a esportas, música para bailar, cantos e convivencia.
Que rico estaba todo! Que gustazo! Enchedoirismo ilustrado!
Comentarios
Publicar un comentario