OS DEMOS DE BARRO. QUE XOIA!
Como vai?
A mediados de outono temos en Santiago de Compostela un dos mellores e máis prestixiosos festivais para os amantes do cine: Cineuropa. E teñen unha sección para crianzas chamado Cineuropa Miúda onde estivo de estrea esta cinta.
A sinopse deste filme di así: Rosa é unha gran profesional e toda unha estrela da súa empresa. Así e todo, hoxe Rosa esnaquiza a computadora diante de todos os compañeiros de traballo e marcha da cidade para sempre. Rosa acaba de perder a única familia que tiña, o seu avó Marcelino, a quen había ben tempo que non vía.
Ficha técnica:
Guión: Possidónio Cachapa, Cristina Pinheiro.
Música: Carlos Guerreiro, Manuel Riveiro.
Edición: Aurora Sulli.
Produción: Nuno Beato, Diego Carvalho, Emmanuel Quillet, Martine Vidalenc, Carlos Juárez, Xosé Manuel Zapata Pérez
Comentarios
Publicar un comentario