LAZOS POLA PAZ!



O luns 30 de xaneiro, como cada ano celebramos o Día Mundial da Paz.

Este curso pensamos nunha actividade feita en familia: escribir palabras, frases ou mensaxes de paz en lazos de cores. 

Ese día, por quendas, fomos colocando e atando os nosos lazos polo enreixado exterior, enchendo de cor e ledicia a nosa entrada do colexio. Mirade que chulada!












Por último, despois do recreo, cantamos pola paz a canción "De festa" do grupo galego Uxía Lambona e a Banda Molona que nos ensinou a mestra de música e que, ademais, acompañamos con linguaxe de signos.








Pois si que quedou un día e unha actividade fermosa!

Grazas familias pola vosa colaboración.














Comentarios

Entradas populares