CELLO & ELECTRONICS, A SOÑADORA VIAXE SONORA DE MARGARIDA MARIÑO
Boas!
Margarida Mariño é unha rapaza de Vigo que comezou a estudar violoncello aos oito anos no Conservatorio Profesional desa mesma cidade e que se trasladou en 2008 ao Conservatorio Superior de Barcelona para licenciarse.
É unha grandísima exploradora sonora, cousa que a levou a experimentar no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, no Seminario Permanente de Improvisación Libre, interpretando para o mundo do teatro e do ballet, así como para o cine e a publicidade.
En 2020 chegou Cello & Electronics, un disco en solitario no que Margarida fusiona o violoncello clásico cos pedais de efectos, voces, loops e electrónica. O resultado é unha música moi orgánica, emocional, onde pasado e futuro bailan xuntos, demostrando que a modernidade non son coches que voan.
Aquí tedes a súa web e a continuación deixámosvos cuns vídeos para coñecela mellor:
Comentarios
Publicar un comentario