TEATRO NA BIBLIO: A MELLOR SOPA DO MUNDO ESTÁ AO ALCANCE DE TODAS AS PERSOAS.
Ola!
Fai unhas semanas, as alumnas e alumnos de 2ºA de educación primaria estrearon a biblioteca cunha sesión de contacontos marabillosa. Representaron o conto A muller sopa do mundo, que é unha desas historias que nos fan mellores, que nos ensinan a dialogar para resolver conflitos, a cooperar para construír unha sociedade máis amable, a ser solidarios/as cos demais, a amar ao próximo, a respetar as diferencias, a pensar en positivo, a progresar, a vivir en común, a convivir democraticamente... e mirade cantas e que boas son todas estas cousas!
Ademais, foi este un proxecto que resultou impecable e dá gusto ver o ben que saen as cousas cando se fan con agarimo e paixón.
Queremos compartilo porque compartir significa o que significa...
Aquí volo deixamos:
Comentarios
Publicar un comentario